XEROCATERING, é a división de servizos de alimentación especializados en persoas maiores e/ou dependentes do Grupo Sociser.

Na actualidade presta servizos básicos e de proximidade en preto de 200 concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, cun equipo de máis de 400 profesionais que diariamente atenden personalizadamente a máis de 2.700 beneficiarios.

Cara a unha óptima prestación dos servizos ofertados e á correcta organización e coordinación de todos os seus recursos, a compañía estrutura a súa actividade a través de tres divisións: SOCISER (servizos específicos de axuda a domicilio e atención á dependencia; servizos residenciais; servizos de formación; servizos de dinamización e estimulación cognitiva e xestión de programas e proxectos xerontolóxicos); CULINARIA (mediante a que xestiona o servizo de elaboración de comida en liña fría).

 

 

 

Pode obter máís información

visitando as webs do grupo